CRTVG

Buscar

O voto por correo aumenta nun oitenta por cento nestes comicios

Publicado o 12/07/2020 14:50

Máis de mil trescentos carteiros traballan hoxe nun dispositivo especial para facer que os votos emitidos por correo cheguen a tempo para o seu reconto ás case catro mil mesas electorais abertas por todo o territorio galego. Esta opción, a do voto por correo, foi a escollida neste proceso electoral por ,máis de 72 mil galegos, segundo os datos provisionais facilitados por Correos.

Este rexistro supón a cifra máis alta de participación mediante esta modalidade dende que existen comicios autonómicos en Galicia e implica un incremento dun 80 por cento con respecto ás eleccións de 2016. Os votos entréganse nas colexios electorais e quedan baixo a tutela do presidente da mesa ata o seu reconto.

O voto emitido por correo conta coas mesma garantías ca o depositado presencialmente. Por mor da pandemia, a Xunta Electoral facilitou este ano a posibilidade de solicitalo de xeito telemático así como entregárllelo directamente aos carteiros.

Noticias web

12/07/2020