CRTVG

Buscar

O voluntariado protagoniza a loita contra a crise derivada da pandemia

Publicado o 03/06/2020 14:27

Coma Claudia e Sabela, moita xente nova animouse a axudar. Desde o comezo da pandemia, máis de 600 persoas en Galicia sumáronse ao voluntariado na Cruz Vermella.

Cada día centos de persoas acoden ao comedor social de Cáritas en Ourense. Para elaborar e repartir uns 500 menús diarios, sumáronse desde marzo unhas 50 persoas. José Antonio é un dos cociñeiros que viu como a necesidade alimentaria se intensificaba.

Voluntarios e voluntarias están a protagonizar a loita social contra a crise derivada da pandemia. A Cruz Vermella atendeu nestes meses 49.700 persoas en Galicia, case 10.000 na cidade de Ourense.

Noticias web

03/06/2020