O volcán Etna volve entrar en erupción
Publicado o 20/07/2019 19:27
E na costa leste de Sicilia, o Etna deixa outras imaxes impactantes. O volcán entrou de novo en erupción esta madrugada. As emisións de lava son intermitentes dende entón na ladeira sureste pero pouco a pouco van baixando en intensidade. A presenza de cinza na atmosfera obrigou pechar os dous aeroportos de Catania durante varias horas.