CRTVG

Buscar

O Ángeles Alvariño chega á Palma para analizar o impacto da lava no mar

Publicado o 19/10/2021 14:36

Despois dun mes de intensa actividade, a lava expulsada polo volcán de Cumbre Vieja ocupa 763 hectáreas, máis do dez por cento da superficie total da illa da Palma. Segundo o último informe do departamento de Seguridade Nacional, no seu percorrido as distintas coadas destruíron case 2.000 edificacións e os veciños evacuados son 7.000.

O avance do magma na superficie acelerouse coa achega de máis material, e a coada secundaria máis próxima ao mar está a 30 metros do cantil. Esta mañá chegaba de novo á costa da Palma o buque oceanográfico Ángeles Alvariño para seguir monitorizando a entrada da lava da coada principal no mar e os seus efectos sobre o ecosistema mariño.

A actividade sísmica reduciuse lixeiramente nas últimas horas con 14 tremores rexistrados, o de maior intensidade de 3,9 graos. O aeroporto da Palma está operativo, pero dous voos entre illas saíron con atraso e outro procedente de Berlín foi cancelado por mor da nube de cinza que sae do volcán.

Noticias web

19/10/2021