CRTVG

Buscar

O volcán Cumbre Vieja volveuse máis agresivo

Publicado o 03/10/2021 16:43

O volcán Cumbre Vieja incrementa a súa actividade nas últimas horas, cunha columna de gases e cinza de case cinco quilómetros de alto. Na zona seguen rexistrándose sismos, a maior parte deles de baixa intensidade pero perigosos pola posibilidade de derrubamentos.

Os responsables do dispositivo de resposta á emerxencia na Palma afirman que o volcán é agora mesmo moito máis agresivo que cando apareceu hai dúas semanas. Os xeólogos consideran que a presión no interior do cono volcánico pode facer aparecer novas fisuras ou bocas de saída de lava.

Mentres, a lava procedente das primeiras bocas e dalgunhas das abertas o venres e o sábado, segue chegando de xeito lento pero persistente ao mar, onde xa estragou unha das principais zonas surfeiras da illa da Palma. A lava solidificada xa entrou case cincocentos metros mar a fóra, ocupando unha superficie de 28 hectáreas.

Noticias web

03/10/2021