O voceiro de Ciudadanos no Parlament chámalle 'okupa' a Torra
Publicado o 04/03/2020 14:59
Tensión no Parlamento catalán. O voceiro de Ciudadanos na cámara chamoulle okupa a Quim Torra, en alusión a que siga mantendo a súa condición de presidente da Generalitat unha vez que perdeu a de deputado.
Torra lamentou que o presidente da cámara non o defendese ante o que considerou un insulto. Ademais, non quixo responder á oposición.