CRTVG

Buscar

O visado de ouro portugués ten os días contados

Publicado o 20/04/2021 21:42

Portugal leva sendo case dez anos un país moi atractivo para os cidadáns con alto poder adquisitivo de fóra da Unión Europea. Os nosos veciños outorgan un visado automático e de por vida a quen merque unha vivenda de máis de medio millóns de euros. Pero esta visa de ouro ten os días contados.

Dende o 2012 este mecanismo disparou o investimento estranxeiro en Portugal, axudando a revitalizar os centros de cidades coma Lisboa ou O Porto. Cidadáns brasileiros, rusos ou estadounidenses mercaron preto de 10.000 vivendas de luxo en Portugal, entre os que hai algún que outro famoso, como Madonna, Michael Fassbender ou Jonh Malkovich, deixando máis de 5.000 millóns de euros. Pero esta posibilidade de obter a visa de ouro mercando nas cidades acaba este ano e os investidores son conscientes. De feito, é notable o interese dos máis ricos, que se incrementou nas últimas semanas.

Dende xaneiro de 2022 poderán conseguir un visado, pero se mercan nas zonas máis despoboadas de Portugal.

Noticias web

20/04/2021