O virus repunta en Malpica, con dúas tripulacións do cerco en corentena
Publicado o 14/06/2021 16:23
Nunha semana pasaron de estar libres de covid a ser o concello con maior incidencia da Costa da Morte.
Son doce casos nunha semana, algúns localizados entre as tripulacións de dous cerqueiros que regresaron da campaña da anchoa en Asturias. Todos están en corentena na casa.
Se o comité decide endurecer restricións, os principais afectados serían eles, os hostaleiros, que terían que reducir ocupacións xusto cando o concello comeza a animarse.
Agardan que a situación quede controlada en poucos días, pero cómpre extremar as precaucións. Polo momento xa se sabe que este domingo haberá actos, pero non romaría polo Santo Adrián do Mar.