CRTVG

Buscar

O virus expándese cara ao norte de Portugal e preocupa na raia

Publicado o 01/07/2021 16:46

A variante delta, as celebracións e un exceso de confianza estarían detrás dos 1.700 contaxios notificados nunha xornada no país e que supón volver a un dos peores momentos da pandemia. A rexión máis golpeada segue a ser Lisboa, que acumula máis do cincuenta e cinco por cento dos casos.

O virus comezou a súa expansión cara ao norte e os casos crecen tamén no Porto e en Braga. Os concellos limítrofes con Galicia mantéñense estables, pero preocupa a situación.

Os municipios galegos da fronteira tamén vixían moi de preto a evolución da pandemia no país verciño, cos que comparten unha gran mobilidade.

En Portugal falan dunha cuarta vaga que xa se traduce nun aumento dos ingresos hospitalarios, con case cincocentos pacientes, deles 119 na UCI.

Noticias web

01/07/2021