CRTVG

Buscar

O virólogo Carlos Pereira aconsella un confinamento domiciliario de seis semanas

Publicado o 11/01/2021 14:22

Máis de 8.000 casos activos, e case medio cento de hospitalizados, máis de 70 en unidades de críticos. Os datos de Galicia, con incidencias que nalgunhas áreas urbanas superan os 300 casos por cen mil, non son bos, pero din os virólogos que non son unha sorpresa: "Como técnico nesta situación, esperabamos que ía ser así", di Carlos Pereira, virólogo da Universidade de Santiago. 

Unha repunta atribuida ás celebracións famliares e que, segundo este profesor, debería resolverse agora cun confinamento máis duro: "Non me canso de repetilo, pero temos que preguntarlles aos empresarios se realmente queren seguir así, hoxe abro, mañá pecho. Na miña opinión, está afogando a economía, ou facer un progama real de ataque para asegurar que en cinco ou seis meses podemos estar como está Wuhan".

A Wuhan, a zona cero da covid, levoulle seis meses. Dous e medio dunha corentena estrita e despois unha reapertura moi lenta e vixiada. Por iso, algúns profesores están a propoñer un confinamento domicilario, coma o de marzo.

"A comezos da primeira vaga, a corentena fíxose moi ben e reabriuse cando había que reabrir, o erro foi como se fixo a reapertura. De feito, díxose que o virus estaba controlado, pero o virus non estaba controlado, o que estaba controlada era a curva, e son cousas distintas".

O erro, afirman, foi permitir que chegasen a Galicia persoas procedentes de áreas cunha incidencia maior. Cantos aos modelos de peche perimetral localizados, opina que non son idóneos para evitar os problemas da mobilidade.

Noticias web

11/01/2021