CRTVG

Buscar

O violín folk segue soando no San Simón Fiddle, pero con menos asistentes pola covid-19

Publicado o 08/07/2020 14:10

A illa de San Simón acolle dende hoxe a novena edición do San Simón Fiddle, que este ano reduce considerablemente a asistencia debido á covid. Trátase dun dos campamentos de violín folk máis importantes do mundo, e celebrarase só co 25 por cento do alumnado habitual.

As clases serán retransmitidas polas redes sociais para que poidan seguilas os rapaces que este ano non teñen a posibilidade de asistir. Ademais só se contará con mestres residentes en España e non se permitirá durmir na illa.

Con todas as medidas de seguridade, o San Simón Fiddle é un dos poucos campamentos destas características que se manteñen este ano.

Noticias web

08/07/2020