CRTVG

Buscar

Bos días

O violento asasinato dunha muller na Arxentina volve axitar o país

Publicado o 22/12/2016 09:08


O violento asasinato dunha muller na Arxentina volve axitar o país.
Foi violada e empalada, e faleceu tras unha longa agonía polas graves lesións internas que lle produciron.

Coa morte dunha muller por violencia de xénero cada 30 horas, o 2016 volve ser un ano negro no país latinoamericano.



A Arxentina ten un gravísimo problema coa violencia de xénero e queda patente en cada novo suceso que se coñece.

O último, o de Irma, unha muller de 47 anos violada, golpeada e empalada brutalmente ó norte do país.

Faleceu no hospital, logo de horas agonizando pola destrucción severa de órganos vitáis que lle provocou o agresor. Xa hai un detido.

"Murió inocentemente, como un animal. La bestia que le hizo esto...porque es una bestia, tenemos una impotencia".

Casos como o de Lucía, a adolescente empalada ata a morte, ou a violación colectiva dunha cativa de 13 anos foron outros dos sucesos que conmocionaron ó país neste 2016 e motivaron que os arxentinos sairan masivamente ás rúas para esixir solucións ó Goberno e repudiar estes macabros asasinatos baixo a consigna de 'Nin unha menos'.

Pero as cifras da violencia de xénero no país austral son aínda máis arrepiantes.
No que vai de ano foron asasinadas a mans de homes máis de 230 mulleres. A media deixa unha víctima cada 30 horas.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

22/12/2016