CRTVG

Buscar

O luns vindeiro comeza o xuízo polo crime de Ana Enjamio

Publicado o 06/12/2019 19:56

O xuízo estaba previsto para novembro pero houbo que pospoñelo por problemas na configuración do xurado. Finalmente será o luns. Fiscalía pide 27 anos de cárcere para César Adrio, ex-parella e compañeiro de traballo da vítima. O ministerio público considera probado que o home a acosou dende que ela rompeu a relación con el. Tamén sostén que o 16 de decembro de 2016, despois da cea de empresa, agardouna á entrada da súa casa e acoitelouna varias veces. Despois, o acusado marchou á casa dos pais, desfíxose da arma, da súa roupa e do teléfono da moza.

Noticias web

06/12/2019