CRTVG

Buscar

O Villarreal desconfía do Celta tras o cambio do técnico

Publicado o 21/11/2019 21:31

Hoxe foi xornada de descanso en Vigo e os xogadores non se adestraron. Descansaron todos, agás os internacionais Fran Beltrán, Aidoo e Lobotka, que si fixeron traballo específico.

Ademais, a Rubén séguenlle realizando probas, e hoxe, o segundo parte médico confirma o diagnóstico inicial. O porteiro sofre unha escordadura no ligamento lateral do xeonllo esquerdo. Din os servizos médicos do club que non debera perder máis de tres semanas.

Curiosamente, no Vilarreal tamén podería perder o partido o porteiro. Asenjo sofre molestias musculares e é dúbida para o partido do domingo. Hoxe falou o internacional Pau Torres.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/11/2019