CRTVG

Buscar

O Vilarreal quere xogar coa ansiedade do Celta

Publicado o 30/03/2019 13:27

"Temos que ter a cabeza fría e facer un partido moi intelixente. Son noventa minutos, non se vai acabar nos quince primeiros. Espero un Celta aguerrido, valente, que intente xogar moito no noso campo. Teremos que esperar o noso momento porque vai chegar seguro", explicou o adestrador do Vilarreal, Javi Calleja.

O Vilarreal quere xogar coa ansiedade do Celta, coa necesidade dos vigueses. Porque a situación dos castellonencos mudou totalmente dende o regreso de Javi Calleja ao banco. Colleu o equipo penúltimo, a cinco puntos da permanencia e en sete xornadas, sacouno dos postos de descenso e acadou catro puntos de vantaxe sobre o Celta.

É un equipo que debera estar máis arriba porque ten capacidade para iso", salientou Calleja.

Paciencia é a receita de Calleja que insiste en que o seu equipo agora manexa mellor o ritmo dos partidos e é quen de durmilos cando é preciso.
 

Noticias web

30/03/2019