O Vilarreal clasifícase para a primeira final europea da súa historia

EFE
O Vilarreal empatou 0-0 ante o Arsenal no partido de volta das semifinais da liga Europa e clasificouse para a primeira final continental da súa historia.
O equipo de Unai Emery aguantou o 2-1 que conseguiu no choque de ida e enfrontarase ao Manchester United polo título o próximo 26 de maio na localidade polaca de Gdansk.
Ata este xoves, o Vilarreal rozara ata en catro ocasiones unha final europea. Na tempada 2003/04, foi eliminado en semifinais da Copa da UEFA polo Valencia; na 2005/2006, o Arsenal foi o verdugo do Vilarreal nas semifinais da liga de Campións; na mesma rolda, na liga Europa da 2010/11, foi o Porto o que pechou as portas, e o Liverpool acabou co cadro español no curso 2015/16.
Os homes de Unai Emery aguantaron noventa minutos en que o Arsenal tivo as súas opcións con dous disparos ao pau de Pierre-Emerick Aubameyang e cunha ocasión clara de Emile Rowe. Ao final, aguantaron o marcador e pelexarán polo título co Manchester United.