O Vilalbés derrota 2-1 o Somozas
Publicado o 08/12/2020 20:19
Hoxe houbo xornada na Terceira división galega. No campo da Magdalena, o Rácing Vilalbés logrou a vitoria ante o líder do grupo A, o Somozas. No minuto 40 adiantábanse os locais cun gol de Cuadrado. E xa na segunda parte, no minuto 72 ampliaba distancias Santi Gegunde ao culminar unha boa xogada e bater ao gardameta do Somozas, Marcos Souto. Cando faltaban oito minutos para o pitido final, con este lanzamento de falta de Pablo Rey que sorprende ao porteiro, o Somozas facía o 2-1 definitivo.
O Vilalbés é terceiro e o Somozas mantén o liderado empatado a puntos co Bergatiños, que ten un partido menos.