CRTVG

Buscar

O vilagarcián Gustavo César Veloso, primeiro líder da Volta a Portugal

Publicado o 28/09/2020 16:41

O vilagarcián Gustavo César Veloso é o primeiro líder da Volta a Portugal.

Veloso gañou a etapa prólogo disputada polas rúas de Fafe. Foron sete quilómetros. Veloso afronta a carreira con corenta anos feitos no mes de xaneiro. Once participacións, once vitorias de etapa. Ten dúas Voltas a Portugal no seu palmarés. A Volta vaise celebrar ata o vindeiro luns. Nesta edición só hai oito etapas.

Outro galego, Carlos Canal, é o maillot branco, foi o mellor novo na etapa.

Noticias web

28/09/2020