CRTVG

Buscar

O vigués Nicolás Rodríguez, ouro na Copa do Mundo de Miami en 470

Publicado o 26/01/2020 10:19
O vigués Nicolás Rodríguez, ouro na Copa do Mundo de Miami en 470

A parella española formada polo vigués Nicolás Rodríguez e o catalán Jordi Xammar acadaron a medalla de ouro na Copa do Mundo de Miami na clase 470. O triunfo na Medal Race serviulles para acadar unha agónica vitoria por diante da parella xaponesa formada por Okada e Hokazono empatados con 39 puntos.

A proba da Copa do Mundo de Miami é a primeira deste 2020, a medio ano de disputar os Xogos Olímpicos de Toquio, onde Rodríguez e Xammar demostraron estar entre as mellores parellas do mundo. O seguinte obxectivo para o regatista do Real Club Náutico de Vigo será o Campionato do Mundo de 470 que se celebrará en Mallorca o vindeiro mes de marzo.  

Noticias web

26/01/2020