CRTVG

Buscar

O vigués Miguel Méndez será o seleccionador feminino de baloncesto en substitución de Lucas Mondelo

Publicado o 22/09/2021 16:53

O vigués Miguel Méndez será o seleccionador feminino en substitución de Lucas Mondelo.

Miguel Méndez vai compaxinar o cargo de seleccionador co de adestrador do Ekaterimburgo ruso, co que gañou tres Copas de Europa. Antes pasou polo Schio italiano. A súa traxectoria está vinculada ao Celta, co que gañou unha Copa da Raíña. Logo pasou polo Rivas madrileño antes de ir a Italia. En principio asinará como seleccionador ata París 2024.

Noticias web

22/09/2021