O vigués Diego Martínez considera a Aspas un xogador "decisivo" no fútbol europeo
Publicado o 31/01/2021 12:36
O adestrador vigués do Granada, Diego Martínez, considera a Iago Aspas un xogador "decisivo" non só na liga española senón tamén no fútbol europeo.
Considera o Celta un equipo "cunha circulación de balón moi rápida, con bo xogo interior e xogadores de gran nivel técnico".