CRTVG

Buscar

O vigués Carolo soña con vivir de facer acrobacias cunha bicicleta de montaña

Publicado o 30/09/2021 15:48

Miguel Guerrero 'Carolo', Rider de MTB Dir Jump, ten 23 anos e fai trucos que ninguén antes fixera.

Codeouse cos mellores no Marisquiño: "Poder quedar entre os dez primeiros é unha felicidade para min".

E dun brinco chegou ao máis alto do podio en Alemaña, na última proba do circuito mundial: "Soñaba con esas cousas, nunca creín que chegaría a iso".

Pero a satisfacción máis grande non foron os éxitos, senón poder coñecer e competir cos seus ídolos.

"Estar o seu lado e o seu nivel... non teño palabras para describilo", comenta.

E todo adestrando neste modesto bikepark vigués, que el mesmo acodicionou con axuda de amigos. Porque os seus soños ciméntanse en dúas máximas, querer é poder e nada é imposible: "O que eu quero facer a longo prazo é poder vivir disto".

Con pinchacarneiros coma eses, o seu soño está cada vez máis preto.

Noticias web

30/09/2021