CRTVG

Buscar

O vigués Borja Domínguez perde o resto de temporada por lesión

Publicado o 13/02/2018 16:15

 

Confirmaronse os prognósticos, o centrocampista vigués Borja Domínguez despídese da temporada.

O xogador do Alcorcón lesionouse nesta acción do encontro xogado o sábado no Miniestadi. Tratando de recuperar un balón sofre rotura de ligamentos. Lesión de gravidade. Entre cinco e seis meses de recuperación para o ex-xogador do Celta e do Racing de Ferrol. Co Alcorcón participou esta temporada en vinte e tres partidos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2018