CRTVG

Buscar

O vigués Antonio Serrat acaba de quinto no triatlón de Montreal

Publicado o 15/08/2021 14:44

O vigués Antonio Serrat acabou de quinto na proba da ITU de Montreal que gañou o francés Dorian Coninx., Serrat colocouse como segundo na primeira etapa do sábado na que competían 30 atletas e na que quedaron eliminados os dez últimos. 

Na segunda etapa quedou ao bordo da eliminación logo de chegar na décima posición, unha por riba do corte. Na terceira e definitiva etapa recuperouse para acabar na quinta posición nun podio francés formado por Coninx, Vincent Luis e Leo Bergere. 

Noticias web

15/08/2021