CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

O vigués Antonio García Teijeiro, premio Nacional de Literatura Infantil 2017

Publicado o 03/10/2017 21:44

O Premio Nacional de Literatura Infantil 2017 é para o vigués Antonio García Teijeiro. Segundo o xurado, o seu libro 'Poemar o mar' está cargado de emoción e conta cunha brillante escolla léxica. Había 15 anos que un libro de poemas non gañaba este premio.

García Teijeiro está considerado como un dos poetas máis importantes da literatura infantil en lingua galega. 'Poemar o mar', ilustrado por Xan López Domínguez, foi publicado pola editorial Xerais en 2016.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

03/10/2017