CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O vigués Antonio García Teijeiro, premio Nacional de Literatura Infantil 2017

Publicado o 03/10/2017 15:35

O Premio Nacional de Literatura Infantil 2017 é para o vigués Antonio García Teijeiro. Segundo o xurado, o seu libro 'Poemar o mar' está cargado de emoción e conta cunha brillante escolla léxica. Había 15 anos que un libro de poemas non gañaba este premio.

García Teijeiro está considerado como un dos poetas máis importantes da literatura infantil en lingua galega. O seu libro, 'Poemar o mar', ilustrado por Xan López Domínguez, foi publicado pola editorial Xerais en 2016.

O Premio Nacional de Literartura Infantil concédeo anualmente o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir unha obra de autor español escrita en calquera das linguas oficiais do Estado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí