O vídeo dunha suposta criatura mariña gravada en Muros vólvese viral
Publicado o 19/04/2019 19:18
Navegaba ao solpor pola ría de Muros cando recibiu unha inesperada visita... só ensinou as aletas, suficiente para deixar perplexo o autor deste vídeo... Só dura 15 segundos e a calidade é baixa. Pero acumula miles de visualizacións e un curioso debate: trátase dunha montaxe ou dunha criatura mariña real?
Para os expertos deste instituto de biodiversidade do Grove semella un peixe, porque a aleta caudal é vertical. Canto á especie, apostan por un mero.
A gravación colgouna no Facebook un veciño de Porto do Son que pedía axuda para identificar o peixe. Na TVG tentamos contactalo, sen recibir resposta. Quizais el teña a chave que resolva o misterio do monstro do "Louro Ness"...
Máis sobre actualidade
18/01/2021 21:30
18/01/2021 21:00