CRTVG

Buscar

O vicepresidente da Xunta insta o Goberno a que retire o recurso contra a Lei galega de saúde

Publicado o 21/04/2021 14:51

A Xunta urxe o Goberno central a negociar e retirar o recurso de inconstitucionalidade que presentou contra a Lei galega de saúde.

Considera que o remate en maio do estado de alarma deixará as comunidades autónomas nunha dificil situación para poder xestionar as medidas contra a pandemia.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, di que o Goberno central "non quere que nós teñamos lei, pero eles tampoco queren facela", e que a supresión do estado de alarma deixará as comunidades autónomas nunha situación moi complicada para xestionar a loita contra a pandemia.

Noticias web

21/04/2021