O vicepresidente do Goberno di que "as nacionalizacións son perfectamente posibles"

O vicepresidente do Goberno dixo hoxe que "as nacionalizacións son perfectamente posibles na Constitución española", en resposta á petición do deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, que lle preguntou se apoiaría nacionalizar Alcoa para manter os postos de traballo.
Durante a sesión da comisión de reconstrución no Congreso, Pablo Iglesias dixo que "as nacionalizacións non son de esquerdas nin de dereitas", pero engadiu: "Socializar perdas para logo privatizar os beneficios non me convence", en alusión á intervención de Bankia por un Goberno do PP.
O vicepresidente pediu non "caer na trampa" de que as nacionalizacións as defende a esquerda porque, segundo dixo, quizais "dentro de non moito tempo" os "ardentes inimigos das nacionalizacións" serán quen lle pidan ao Goberno actuar dese modo.