CRTVG

Buscar

O vicepresidente da Xunta visita as obras no centro aeroportuario de Rozas

Publicado o 06/10/2020 15:38

O vicepresidente segundo da Xunta visitou esta mañá as obras que se fan no Centro de Investigación Aeroportuario de Rozas. Máis de 60 entidades aspiran a desenvolver nel os seus proxectos nos vindeiros cinco anos.

Francisco Conde subliñou que o investimento previsto, 160 millóns de euros, consolidará Rozas como un referente na investigación e a innovación.

Noticias web

06/10/2020