CRTVG

Buscar

Bos días

O vicepresidente da Xunta está de viaxe ofical na Arxentina

Publicado o 25/10/2016 09:42
O vicepresidente da Xunta en funcións está de viaxe oficial na Arxentina, onde gabou o traballo realizado pola delegación que o Goberno galego ten en Bos Aires. Alfonso Rueda tamén se reunirá con autoridades do Goberno local para analizar cuestións de interese común e coa colectividade galega do país.
Rueda destacou a importancia de contar cunha sede que preste asesoramento e atenda as peticións dos máis de 170.000 galegos que viven no país austral.
No 2015, as oficinas de Bos Aires e de Montevideo realizaron máis de 2.200 expedientes e atenderon unhas 7.000 consultas. Uns datos que para o vicepresidente reforzan o sentir de que foi un acerto crealas.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

25/10/2016