O vicepresidente da Xunta e mais o alcalde de Santiago coinciden en que cómpre máis rapidez no desaloxo de ocupas
Galicia non é das comunidades máis afectadas pola ocupación ilegal de vivendas. Aínda así, desde a Xunta din estar preocupados pola transcendencia social que ten.
"Pedir normas contundentes. Non estou falando desde o punto de vista cuantitativo. O número pode ser maior ou menor, dependendo das comunidades autónomas, pero, evidentemente é un problema con moita trascendencia social e o que a cidadanía pide é o que temos que facer as administracións que é habilitar normas para que se poida actuar rapidamente", afirma Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro da Xunta.
Coa petición do vicepresidente da Xunta de que os trámites de desaloxo teñen que ser máis rápidos, coincide o alcalde de Santiago.
"Paréceme sorprendente que unha persoa poida ocupar unha vivenda e que iso demore 18 ou 20 ou 24 meses en resolverse. Ten que haber un mecanismo para que iso se resolva dunha forma máis rápida", asegura Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago.
O Concello de Santiago calcula que na cidade hai unha ducia de inmobles ocupados de xeito ilegal.