CRTVG

Buscar

O vicepresidente da Comisión Europea, Josep Borrell, apela a construír unha Europa máis solidaria

Publicado o 03/10/2020 14:50

Tamén participou hoxe no foro o vicepresidente da Comisión Europea, Josep Borrell. Aproveitando a súa presenza aquí en Galicia, un equipo da Televisión de Galicia puido conversar con el. Borrell dixo que estamos atravesando a peor crise dende a segunda guerra mundial e insistiu na importancia de saber ver nesta situación de pandemia unha oportunidade para transformar a nosa economía.

Borrell pediulles máis unidade ás forzas políticas españolas. Nos micrófonos da TVG tamén falou de Europa. Apelou a construír unha Europa máis solidaria.
Referiuse tamén o alto representante da Unión Europea á rivalidade entre a China e os EUA e dixo que non se pode perder de vista a África. Dixo que o modelo de desenvolvemento que triunfe nese continente vai ser clave para comprender o futuro mundial.

Noticias web

03/10/2020