CRTVG

Buscar

O viaduto da ronda de Nelle, na Coruña, ten os días contados

Publicado o 20/01/2020 14:34

O comezo dos traballos na ronda de Nelle é inminente. Este martes os operarios comezarán a valar a zona e a desprazar a maquinaria necesaria para comezar coas obras previas. Así entre o 27 de xaneiro e o 17 de febreiro cortarán o viaduto por treitos para a súa posterior demolición que se prolongará durante dous meses máis.

Os veciños amósanse contentos porque explican que a zona sofre moita contaminación.

Máis de 300 metros da rúa serán reurbanizados e a zona vaise humanizar con carril bici e a plantación de 25 árbores. Esta fase será a de maior duranción de todo o proxecto. Está previsto que se prolongue ata o 11 de novembro.

As obras contan cun orzamento de 1,2 millóns de euros e un prazo de execución dun ano e por mor da complexidade dos traballos haberá cortes de tráfico graduais e cambios na circulación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/01/2020