CRTVG

Buscar

O vestiario do Lugo é optimista malia estar a dous puntos do descenso

Publicado o 06/04/2021 14:25

Juan Soriano, o porteiro do Málaga, fíxolle a Chris Ramos unha gran parada o domingo cando o marcador ía a cero e poucos minutos antes do gol dos andaluces que deixa ao Lugo con once partidos seguidos sen gañar: 

Cris Ramos: "Hai 10 ou 15 xornadas iso entraba, agora estamos nun momento en que o balón non quere".

Os de Luis César sumaron só tres puntos dos últimos dezaoito posibles e no entorno do equipo galego preocupa o ánimo dun vestiario sometido a probas de estres máximo como a goleada nas Palmas.

Ben non é sinónimo de bo e os resultado deben virar de contado porque a xornada 35 pechou onte co Lugo a dous puntos do descenso. O domingo, o Mallorca, mal día para deixar de fumar.

Noticias web

06/04/2021