CRTVG

Buscar

O verán será máis seco e cálido do normal en Galicia

Publicado o 17/06/2021 13:55

Está a piques de rematar unha das primaveras máis cálidas e secas desde 1961 e a segunda máis seca deste século. Rexistráronse precipitacións 35 días e a temperatura media foi 0,6 graos máis alta do habitual nesta estación. Foi o mes de abril o que marcou a diferenza, con temperaturas superiores ao normal.

É o balance do trimestre que acaba de facer a Axencia Estatal de Meteoroloxía. Do que levamos de xuño destaca que en 15 días acumulamos xa a actividade treboenta que adoita ser habitual en todo o mes.

Canto ao verán, que entrará ás 5 e media da madrugada do luns, os expertos vaticinan que será máis cálido e seco do normal, tanto en Galicia como no resto de España, aínda que sen saír dos parámetros normais.

No futuro máis inmediato, para a próxima semana a predición fala do asentamento do anticiclón. Os que estean preparando as cacharelas de San Xoán saiban que non hai probabilidade de chuvia, aínda que a noite será fresca, entre os 10 e 15 graos.

Noticias web

17/06/2021