CRTVG

Buscar

O verán foi o máis frío e chuvioso dos últimos anos, pero o outono será máis cálido

Publicado o 19/09/2019 15:49

Os valores que mediu a Axencia Española de Meteoroloxía en xuño, xullo e agosto non se afastan dos normais. A percepción de que o verán foi malo en Galicia débese a que os anteriores foron calorosos, a que xuño foi o mes o máis frío desde 1997, e a que as temperaturas máximas non foron moi altas.

Non se acadaron picos de temperatura moi extrema, non houbo vagas de calor que afectaran Galicia. E outro detalle importante é que os días de precipitación foron máis frecuentes do normal, aproximadamente oito días máis do que chove normalmente.

Despois de seis veráns cálidos, moi cálidos os catro últimos, tivemos un verán que rompeu a racha.

O outono vai ser máis cálido do normal
En canto ao outono, Aemet prevé que vai ser normal. Empezará cunha borrasca esta fin de semana, e no se esperan fenómenos extraordinarios para os próximos meses.

O balance hidrolóxico do ano sinala que Galicia está lixeiramente por debaixo do normal, pero nunha situación non preocupante.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/09/2019