CRTVG

Buscar

O verán enche os camiños de Santiago de visitantes e peregrinos

Publicado o 31/08/2019 14:54

É unha estampa habitual durante todo o ano. Peregrinos que fan o Camiño de Santiago. O verán é unha das épocas preferidas para facer a ruta, aproveitando as vacacións estivais.

Predominan os grupos, familias e amigos que se van facendo ao longo do Camiño. En Portomarín son maioría durante o verán, case por riba dos veciños, cos que conviven en total harmonía.

Facer o Camiño é cada vez un fenómeno máis masivo que non entende de nacionalidade, de cultura, nin de idade. Na oficina do peregrino de Santiago figura que onte chegaron alí 2.081 peregrinos, logo de percorrer calquera dos camiños que levan a Compostela. Outra forma de coñecer Galicia.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/08/2019