CRTVG

Buscar

O verán despídese no sur de Galicia con chuvias e vento

Publicado o 21/09/2019 23:23

O paso da fronte fría deixou hoxe moita chuvia. Vigo e o seu litoral serve de exemplo para case todo sur de Galicia. Á primeira hora da mañá e pasado o mediodía o vento era do sur, seguía a chover, e cando parou os ceos continuaron anubrados.

Como anunciaran os prognósticos, esa borrasca procedente de Irlanda foise espelindo e as chuvias comezaron a remitir á tardiña. E a negrura da mañá foi dando paso a ceos algo máis azuis. Como di a Xénese, aplicado iso si ao setembro galego, "nada novo baixo o sol".

Así que a derradeira fin de semana do verán saúda o outono que vén aos poucos. Á noite volverán os chuvascos e, como en calquera estación, mañá será outro día.

Noticias web

21/09/2019