CRTVG

Buscar

O verán deixa cifras de récord de ocupación turística na Barbanza

Publicado o 05/10/2021 16:15

Inesperados, espectaculares ou de récord. Estes son algúns dos cualificativos que empregan os hostaleiros do Barbanza cando se lles pregunta polos datos de ocupación deste verán. Algúns din que son incluso mellores que os que rexistraban antes da pandemia.

Os datos foron especialmente bos nos establecementos rurais, xa que a maioría dos turistas demandaban zonas pouco masificadas e en plena natureza. Aos locais de hostalería costeiros prexudicoulles o tempo, pero, así e todo, tamén tiveron niveis altos de ocupación durante a tempada estival.

Os hostaleiros da Barbanza esperan alongar os bos datos de ocupación ata final de ano. De feito, en moitos establecementos de turismo rural xa é complicado atopar cuartos libres para as fins de semana que quedan ata decembro.

Noticias web

05/10/2021