CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

O verán de San Miguel chega con forza ás Rías Baixas

Publicado o 03/10/2017 14:30

O verán de San Miguel chegou con forza ao sur de Galicia e en zonas das Rías Baixas superáronse os 30 graos. Con esta calor non é de estrañar que a xente se achegue á praia para gozar das raiolas.

Paseos pola beira do mar, xente facendo deporte e algún en traxe de baño. Era moita a xente que confiaba nesta suba de temperaturas. A influencia anticiclónica continúa sobre a nosa comunidade con ceo despexado e temperaturas máis ben estivais.

As temperaturas non experimentarán cambios significativos, con máximas de 32 graos en Ourense, 27 en Pontevedra, 25 en Santiago e Lugo e 21 na Coruña. As altas presións continuarán, polo menos, ata o xoves.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí