CRTVG

Buscar

O vento alcanza os 113 km/h en Viveiro nunha xornada de aviso amarelo no litoral norte

Publicado o 23/09/2019 21:27
O vento alcanza os 113 km/h en Viveiro nunha xornada de aviso amarelo no litoral norte

O vento deixou nas primeiras horas da tarde deste luns refachos máximas de 113,7 quilómetros por hora nunha xornada con aviso amarelo por ventos superiores ao 80 km/ h. Segundo os rexistros de Meteogalicia ata as 17,00 horas, recollidos por Europa Press, os valores máis significativos de vento corresponderon a localidades costeiras con altitude inferior a 900 metros. Deste xeito, tras Viveiro, o vento alcanzou os 105,9 quilómetros por hora no municipio de Cedeira (A Coruña) e os 98,3 no coruñés de Arteixo. Tras eles, os valores máis elevados de vento corresponderon aos concellos coruñeses de Vimianzo, con 93,8 quilómetros por hora, e Lousame, con 89,2 km/ h. O aviso amarelo por refachos de vento superiores ao 80 km/ h mantense activado desde as 9,00 horas na Mariña luguesa e desde as 12,00 horas, e ata as 21,00 horas, no noroeste da provincia da Coruña.

Na cidade da Coruña, o peche de parques e xardíns manterase ata as nove da mañá deste martes tempo durante que o permanecerá activo o aviso amarelo que está a afectar en terra aos concellos da provincia da Coruña e da Mariña luguesa máis próximos á costa. Nas ultimas horas xa se rexistraron refachos por riba dos 110 quilómetros por hora en puntos como Punta Candieira, en Cedeira. O vento tamén afectou outros espazos públicos como a Torre de Hércules que os turistas atoparon coas portas pechadas este luns.

Tamén hai aviso amarelo por chuvia que nas próximas horas poderían ser intensas e superar os 40 litros por metro cadrado na parte máis occidental da provincia da Coruña. Mentres, mañá o vento irá amainando en terra, complícase a situación no mar onde pasaremos do aviso amarelo por fortes ventos e un aviso por ondas na tarde do martes que afectará a todo o litoral galego.
 
 

 

Noticias web

23/09/2019