CRTVG

Buscar

A área de Ferrol prepárase para recuperar este venres parte da normalidade perdida

Publicado o 03/03/2021 13:15

Desde finais de outubro estaban vixentes distintas limitacións de mobilidade na cidade de Ferrol e nos concellos veciños. Por fin, o venres levántanse o peche perimetral en toda a área sanitaria.

Agás en Cariño, que congtinuarán co nivel alto de restricións, os veciños de todos os concellos poderán moverse fóra da comarca e entre concellos do mesmo nivel medio. 

Juan Pedreira, hostaleiro: "O venres a ver se se respetan as medidas, se a xente ten cordura, se tanto os hostaleiros como os clientes cumpren as normas".

Os hostaleiros preparan a reapertura. Co alivio das limitacións, os locais de hostalería poden atender no interior, cunha ocupación limitada ao 30 %. O límite nas terrazas é do 50 %. Falta un mes para a Semana Santa, unha das temporadas altas para o turismo en Ferrol.

Este ano tampouco haberá procesións. Mª Luisa Barro, xerente da Asociación de Hostalería e Comercio: "Temos que conformarnos. Polo menos traballar ben como no verán que houbo restricións pero se puido traballar. E queremos que a Semana Santa sexa así, que se traballe ben, pero que non nos pechen en maio. Queremos seguir traballando".

 

Noticias web

03/03/2021