CRTVG

Buscar

O vendedor do cupón agraciado con 1,8 millóns de euros en Bergondo amosa a súa ledicia

Publicado o 07/05/2019 18:22

Benedicto, Beni, como o coñecen os seus clientes, leva 4 anos vendendo o cupón. Xa repartira varios premios, pero ningún tan importante como o que deu o sábado e que o ten, di, nunha nube.

"Dei un premio de 1.780.000 euros. O soldazo do sábado, que é o premio principal, e despois 14 cupóns máis premiados con 20.000 euros cada un deles", di o vendedor Benedicto Paz.

De momento non ten noticia de ningún dos agraciados, aínda que os cupóns premiados vendeunos na súa ruta habitual, nas parroquias de Gandarío e Fiobre en Bergondo, e en Perillo, Oleiros.
O que si lembra perfectamente é un cliente que rexeitou o número. 

"Un señor achegouse a min e díxome que lle gustaba o 68.134, pero que non o ía levar. E foi o premiado. Agora o sábado cando me vexa...", lembra Benedicto.

Dos 20 billetes que levaba co número premiado a Beni quedáronlle 5 sen vender. Agora agarda poder repetir algún día a experiencia de repartir unha auténtica chuvia de millóns.










 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/05/2019