CRTVG

Buscar

O veleiro Joaquín Vieta, varado en Esteiro

Publicado o 29/08/2020 22:50

Imaxes de Andrés Llovo

O Joaquín Vieta, un balandro de cabotaxe de 18 metros de eslora e que leva máis dun século navegando pola ría de Muros e Noia, quedou varado en Esteiro.

Logo de toda unha vida como barco de transporte de mercadorías, estivo a piques de ser despezado en 2004, pero un grupo de entusiastas da cultura mariñeira rescatou a embarcación.

Desde entón, o Joaquín Vieta leva a bordo turistas. A asociación A ría da Estrela, que agrupa os concellos de Noia, Muros, Outes, Lousame e Porto do Son, pretende dar a coñecer o rico patrimonio natural e as industrias tradicionais da ría.