CRTVG

Buscar

O veciños da avenida de Fragoso de Vigo quéixanse das árbores sen podar

Publicado o 21/09/2020 14:01

Ramallos, lixo e bechos. Sófreno a diario todos os pisos dos andares inferiores da longa avenida de Fragoso, en Vigo. A vexetación, que leva moito tempo sen ser controlada, medrou ata tal punto que os curutos das árbores practicamente cegan as fiestras de moitas vivendas. Así están os primeiros andares das vivendas. Desde hai tempo é unha estampa moi habitual e incómoda para os residentes. O Concello xustifica que as árbores estean sen podar pola paralización que supuxo o estado de alarma. Mentres tanto, moitos veciños vense obrigados a pechar as súas xanelas para que as ramalladas non se lles metan dentro das súas casas. A vexetación que se enlea fronte aos cristais das vivendas impide que pase a luz ao interior dos domicilios.

Os veciños din que "están moi cerca da fiestra. Eu teño unha nena de catro anos e non podo ventilar o seu cuarto porque entran uns bechiños na casa que son moi pequeniños e a nena apareceu unha mañá con toda abriga e as costelas picadas. Leveina o médico e díxome que ela dalgún becho. Eu toco as ramallas das árbores ao achegarme a fiestra. Teño outro cuarto con terraza e entran as ramallas, bechos, de todo".

"Aquí hai malestar porque entran os ramallos polas fiestras, traen bechos e hai certos veciños que están en contra de que non coiden as árbores".

"Non a min non me dan na fiestra pero si me pasara molestaríame moito, porque traen motos bechos".

"Algunha xente nota que lle entran as folas nas vivendas, se abre a fiestra ten plantas xa non lle fai falla poñelas. Algún trouxo unha ferramenta telescópica e cortou dende as xanelas porque lles tapaban a luz".

Afortunadamente para os veciños, os operarios do Concello comezar a podar as 125 árbores da avenida de Fragoso. Esta mañá levaban media ducia. Agora esperan que esta poda se manteña a bo ritmo.

Noticias web

21/09/2020