O veciño de Vilagarcía ingresado por queimaduras permanece estable no CHUAC
Publicado o 10/03/2021 12:06

Evoluciona favorablemente o home de 55 anos ingresado no CHUAC tras a explosión dunha caldeira nunha vivenda de Vilagarcía.
Ten queimaduras na cara e as mans, pero de carácter superficial, e a súa situación é estable.
O estoupido da caldeira deixou danada a vivenda en que reside, situada na zona do Bosque dos Desamparados, e obrigou a desaloxar durante unhas horas todo o edificio.