CRTVG

Buscar

O Vaticano xulga un cardeal por primeira vez na súa historia

Publicado o 27/07/2021 21:17

O Vaticano senta no banco dos acusados ante un tribunal laico un cardeal por primeira vez na súa historia: Angelo Becciu, quen foi un dos prelados con máis responsabilidade na curia. Está acusado, entre outros delitos, de malversación, branqueo de cartos e abuso de poder. 

Angelo Becciu está acusado de empregar cartos destinados á caridade a operacións de alto risco financeiro e de usar a súa posición para beneficiar proxectos levados a cabo por familiares. El declárase inocente e a próxima audiencia será o 5 de outubro.

Becciu foi o número tres do Vaticano entre os anos 2011 e 2018, un dos purpurados con maior prestixo dentro da curia Vaticana. Porén, é a unica persoa imputada neste proceso porque os maxistrados tamén queren aclarar se houbo intermediarios financeiros que estafaron a Secretaría de Estado en operacións en que o máximo responsable era Angelo Becciu e que provocaron perdas millonarias nas arcas vaticanas.

 

Noticias web

27/07/2021