CRTVG

Buscar

O vasco Omar Fraile gaña a estapa do Giro de Italia

Publicado o 18/05/2017 14:50

O español, de 26 anos e dúas veces rei da montaña na Volta, cruzou a liña de meta por diante do portugués Rui Costa e do francés  Pierre Rolland

No Giro de Italia, chegou a segunda vitoria española. Logrouna o corredor vasco, Ómar Fraile, do Dimensión Data. Fraile meteuse en dúas fugas e conseguiu finalmente o premio á súa combatividade. O español, de 26 anos e dúas veces rei da montaña na Volta, cruzou a liña de meta por diante do portugués Rui Costa e do francés  Pierre Rolland. Na xeral non hai cambios. O holandés Tom Dumoulin segue líder.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/05/2017