CRTVG

Buscar

O Valladolid gaña en Granada e deixa o Celta no último posto

Publicado o 22/11/2020 21:17

A xornada décima, a da estrea do Celta de Eduardo Coudet, vai acabar co equipo de último. E todo porque os vigueses acabaron perdendo no Sánchez Pizjuán, e puntuaron os seus rivais directos.

O último foi o Valladolid, que acaba de levar un importante triunfo dos Cármenes que lle permite saír dos postos de descenso, e meter na última praza que ocupaba o Celta. Os de Sergio encarreiraron a segunda vitoria da temporada cos tantos de Óscar Plano e de Marcos André. Domingos Duarte metía no partido os de Diego Martínez pero, xa no último minuto, Jota roubaba o balón en zona perigosa e culminaba cun bo disparo para frear un Granada en zona europea, e para debuxar un panorama para o Celta con moito traballo por diante.

Noticias web

22/11/2020